Valentín García participa na presentación do libro O agrarismo nas terras de Chantada
VolverChantada (Lugo), 23 de maio de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este serán na presentación da obra O agrarismo nas terras de Chantada, de Antonio Paz Vázquez, gañadora do XVII Certame de Investigación Condado de Pallares. A iniciativa recoñece traballos de investigación lingüística en galego e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Cultura.