Valentín García participa na lectura pública de Como dicía Castelao

Volver

O secretario xeral da Lingua leu a carta "Aos estradenses".

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025.- O secretario xeral da Lingua Valentín, Valentín García, participou hoxe no acto Como dicía Castelao. Lectura pública da súa obra, celebrado no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres no marco da XIII edición do Festival Atlántica de Narración Oral e da celebración do Ano Castelao.

García elixiu para a súa lectura a carta Aos estradenses, na que Afonso D. R. Castelao expresa, xa desde o seu exilio en Bos Aires, todo o agarimo que lle profesa á terra natal da súa dona, Virxinia Pereira, e a súa estreita relación coa Estrada.