Valentín García inaugura a exposición Ano Xubilar Romano 2025

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, inaugurou hoxe á tarde unha mostra sobre o Ano Xubilar Romano 2025 que pode visitarse ata a semana que vén no claustro do Pazo de San Roque.

O proxecto divulga o coñecemento da bula "Spes non confundit", así como diversos elementos que conforman esta tradición cristiá: os xubileos, que en Galicia se coñecen na súa versión compostelá. Tras o seu paso polo Antigo Hospital de San Roque, está previsto que a exposición circule pola xeografía galega ata a clausura do ano xubilar, o 6 de xaneiro de 2026, con paradas xa confirmadas en Santiago e na Fonsagrada, Becerreá, Quiroga, Ribas de Sil e Castro Caldelas.

Imaxes relacionadas