Valentín García participou no acto de entrega da Rosa de Galicia 

Volver

Recibiuna a familia de Juan Naya, polo seu labor de protección e divulgación do legado da familia Murguía Castro

Padrón (A Coruña), 15 de xullo de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe ao serán no acto de entrega da Rosa de Galicia, no día no que a Casa de Rosalía celebra o 140º aniversario do pasamento de Rosalía de Castro. A Rosa de Galicia, recibida pola familia de Juan Naya, recoñeceu a título póstumo o labor exercido por quen foi herdeiro universal de Gala Murguía e mais secretario e bibliotecario da Real Academia Galega para a conservación, protección e divulgación do legado da familia Murguía Castro.