Mos (Pontevedra), 7 de agosto de 2025.- O Centro Dotacional de Torroso acolle hoxe en Mos un concerto conmemorativo do 45º aniversario de Milladoiro, que presentou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañado da alcaldesa, Nidia Arévalo.
Enmárcase na xira de concertos apoiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e programada tamén en Catoira (Pontevedra) e Muíños (Ourense), dentro da campaña de verán “Para gustos, cultura”.