As Xornadas Mar por Medio chegan á súa XX edición co apoio da Secretaría Xeral da Lingua

Volver

Baixo o lema "Ribadeo, encontro de Camiños" celebraranse do 19 ao 21 de setembro na vila mariñá.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa de presentación da vixésima edición das Xornadas Mar por Medio, que organizan o Concello de Ribadeo e mais a Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Universidade de Santiago de Compostela. Baixo o lema “Ribadeo, encontro de Camiños”, a cita reunirá a persoas expertas e público arredor do Camiño de Santiago e dos valores culturais que o acompañan, con mesas redondas, conferencias, actividades culturais e un roteiro guiado. A programación desenvolverase no Salón de Alcaldes do Concello de Ribadeo, baixo inscrición previa, e incluirá tamén concertos e actividades abertas á cidadanía. O programa completo pódese descargar aquí. Toda a información no Portal da Lingua Galega.