Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no acto no que se deron a coñecer os finalistas do Premio "Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor ao diálogo e á concordia", promovido polo Casino de Santiago co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude: o político catalán Josep Borrell e o actor lucense Luis Tosar. No mesmo acto, a asociación presentou as actividades programadas para este trimestre, que se abren cunha conferencia de Jesús Núñez Villaverde o día 17 de setembro as 19.00 horas.