Valentín García acompaña a Xulia Marqués na presentación da obra Para que non estiñe a memoria das avoas
VolverA Pontenova (Lugo), 27 de setembro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe ao mediodía no acto de presentación da obra Para que non estiñe a memoria das avoas. Perfecta Ogaza Fontagordo, da catedrática e doutora en Filoloxía Galega Xulia Marqués Valea, editada por Fervenza.
A obra recupera as vivencias de Perfecta (Pichula) ao longo de máis de tres décadas e afonda sobre o papel da muller rural galega, a partir de textos de Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou Simone de Beauvoir. Inclúe poemas de Luísa Villalta, Lupe Gómez ou Olalla Cociña e plasma tamén os grandes cambios acontecidos no mundo rural durante os anos 70 e 80 (a chegada da comunicación por estrada, a concentración parcelaria ou a electrificación).