Valentín García inaugura en Fisterra a mostra Cantade todas a unha.
VolverFisterra (A Coruña), 1 de outubro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, inaugurou hoxe ao serán no Mercado Cultural canda o rexedor fisterrán, Luis Insua, a mostra Cantade todas a unha. O cantigueiro popular galego, conmemorativa das Letras Galegas 2025. A exposición chega a Fisterra despois de facer parada en Malpica de Bergantiños e en Muxía e poderase visitar durante o mes de outubro, con entrada libre e de balde, antes de seguir o seu percorrido polo concello coruñés de Cerceda e polo Museo do Pobo Galego, a finais de ano.