Ribadavia (Ourense), 5 de outubro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe en Esposende no acto de entrega da XVII edición dos Premios Bacelos de Prata, que recoñecen o labor de empresas, entidades ou persoas exemplares no seu compromiso co idioma. Nesta ocasión recaeron en Embutidos Lalinense S.L. e en Adegas Bordel. Participaron ademais de García Gómez e as premiadas o alcalde da localidade, César Fernández Gil; o presidente da Asociación Álvaro de las Casas, Avelino Muleiro; o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González, e o coordinador da Irmandade Galega de Adegueiros e Agroalimentarios, Xosé Carballido.