Valentín García participa na inauguración de Seica na Coruña, de Xesús Carballido
VolverA Coruña, 8 de outubro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou hoxe ao serán ao artista carballiñés Xesús Carballido no acto de inauguración da exposición Seica na Coruña. A mostra, apoiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, reúne un cento de obras, moitas delas inéditas e na súa meirande parte colaxes a partir de obxectos cotiáns, fragmentos e materiais reutilizados como pezas de imprenta, anacos de ferro, cunchas ou etiquetas comerciais, que reflicten unha perspectiva única. Pódese visitar no Kiosko Alfonso ata o vindeiro 8 de decembro.