Valentín García participa en Vigo nos Foros Grial Galicia 2050. Pensar cara adiante
VolverVigo, 7 de outubro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe en Vigo na mesa Comunicación e novas tecnoloxías. Desafíos para os novos tempos, no marco dos Foros Grial Galicia 2050. Pensar para adiante, que organiza a revista Grial con motivo do 75º aniversario da Editorial Galaxia e que contan co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.