O Carballiño (Ourense), 14 de decembro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no acto de peche do Ano Castelao, organizado pola Fundación Insua dos Poetas, coa colaboración da Xunta de Galicia e mais da Deputación de Ourense. Co gallo desta celebración, inaugurouse o conxunto escultórico A Fonte e o camiño do Guieiro na Esgueva (Madarnás), que homenaxea a pegada do galeguista rianxeiro e a importancia da emigración na colectividade ourensá precisamente baixo o nome co que os galegos de Bos Aires se referiron a Castelao, "O Guieiro".