Valentín García e Anxo Lorenzo participan na entrega do 1º Premio Editio da Asociación Galega de Editoras

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron hoxe no acto de entrega do 1º Premio Editio á Promoción do Libro Galego, convocado pola Asociación Galega de Editoras. O galardón, entregado no Hotel Monumento San Francisco, recibiuno a Libraría Cartabón de Vigo por ser "referente na promoción da literatura e do libro galego", coincidindo coa celebración do seu 40º aniversario.

Imaxes relacionadas