Valentín García presenta o Caderno Ramón Piñeiro XLVIII. Cancioneiro popular galego
VolverSantiago de Compostela, 23 de decembro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou hoxe á mañá o Caderno Ramón Piñeiro XLVIII. Cancioneiro popular galego de Álvaro de las Casas, unha obra que dá ao prelo o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2025 e mais do 110º aniversario do nacemento de Ramón Piñeiro López, egrexio político e filósofo galeguista artífice da reconstrución cultural galega da posguerra, de quen toma o seu nome este centro de investigación adscrito á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
No acto participaron tamén Manuel González, coordinador científico do CRPIH; Armando Requeixo e José Luís Forneiro, coordinadores do volume; Xosé M. Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia, e Xosé Amancio Liñares, investigador do CRPIH.