Valentín García participa na presentación da obra Entre Eros e Marte, o violento s. XVII

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da obra Entre Eros e Marte, o violento século XVII, do historiador compostelán Carlos Sixirei Paredes, celebrada na Libraría Couceiro. O libro ofrece unha visión global da historia do mundo no devandito século facendo especial fincapé naquelas áreas non europeas con influencia na historia do Vello Continente a través dos comercios de especies, escravos ou azucre, ademais da expansión colonial dalgúns países coma España, Portugal, Holanda, Inglaterra ou Francia.

Imaxes relacionadas