Valentín García participa en Rianxo na presentación da tradución ao galego do Sanshô-Dôei de Eihei Dōgen
VolverRianxo (A Coruña), 30 de xaneiro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do libro trilingüe xaponés-francés-galego Sanshô-Dôei. Eihei Dōgen (永平道元). Escolma, no que Eme Cartea verte ao galego trinta wakas do mestre xaponés, con ilustracións de Doroteo Arnáiz. O acto, organizado por Barbantia, desenvolveuse na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural rianxeiro coincidindo co 140 aniversario de Afonso D. R. Castelao.