Valentín García acompaña a Antón Costa na presentación da obra Johán Vicente Viqueira López. Un esclarecido e singular humanista galego
VolverSantiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou hoxe ao profesor e investigador Antón Costa Rico na presentación da obra Johán Vicente Viqueira López. Un esclarecido e singular humanista galego, editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) no marco da Colección Olladas no Pasado.
O estudo afonda e actualiza a figura, vida e obra de Johán Vicente Viqueira López, destacado intelectual de comezos do s. XX, filósofo, psicólogo e pedagogo que participou na Institución Libre de Enseñanza e nas Irmandades da Fala.
A canda García Gómez e o autor, participaron tamén o coordinador científico do CRPIH, Manuel González, e o director do Ámbito de Estudos en Historia Contemporánea do CRPIH, X. Amancio Liñares.