Valentín García acompaña a Xulia Marqués na presentación da obra que homenaxea a Perfecta Ogaza Fontangordo en Lugo
VolverVídeo 1
Lugo, 4 de febreiro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no Vello Cárcere no acto de presentación da obra Para que non estiñe a memoria das avoas, coa que a que a catedrática e doutora en Filoloxía Galega, especialista en toponimia, investigadora e escritora Xulia Marqués Valea homenaxea a memoria da pontenovesa Perfecta Ogaza Fontagordo.
No acto participaron a canda o responsable da Lingua e a autora Aurora Rojas, filla de Perfecta; a profesora da USC Belén Castro e a xornalista cultural e docente Montse Dopico, así como membros da agrupación folclórica Colexiata do Sar, encargados do acompañamento musical da cita.
Para que non estiñe a memoria das avoas é o resultado de catro anos de traballo de Xulia Marqués coa homenaxeada, a partir de gravacións na aldea de residencia desta, que lle permitiron á autora reconstruír a biografía de Perfecta Ogaza como exemplo de muller rural galega.