Valentín García recibe as persoas participantes no II Encontro Cidadáns EcoActivos por unha Europa Sostible
VolverSantiago de Compostela, 3 de marzo de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, recibiu hoxe no Pazo de San Roque as persoas participantes no II Encontro Cidadáns EcoActivos por unha Europa Sostible, desenvolvido no marco do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV), mediante a acción Redes de Cidades. O proxecto está promovido pola Junta de Freguesia de Buarcos do Municipio de Figueira da Foz (Portugal) e nel participan municipios e entidades de 14 países da Unión Europea. Ten como obxectivo construír unha Europa climaticamente neutra, verde, xusta e social, investindo en iniciativas ecolóxicas.