A Xunta e a Irmandade Xurídica Galega avanzan no primeiro grande acordo de promoción do uso do galego cos corpos de seguridade do Estado
VolverSantiago de Compostela, 10 de marzo de 2026.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e mais a Irmandade Xurídica Galega avanzan para asinar o primeiro grande acordo de promoción do uso do galego cos corpos de seguridade do Estado. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, mantivo un encontro hoxe con responsables da Garda Civil en Galicia e con representantes da Administración estatal e profesionais do ámbito da xustiza, para ver as posibles vías de colaboración que redunden nun maior uso do galego por parte da Garda Civil. A reunión encádrase na rolda de contactos de recollida de achegas ao novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Participaron nela ademais de Valentín García, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xaquín Monteagudo; o presidente da Asociación de Funcionarios e Funcionarias pola Normalización Lingüística, Xosé González; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a avogada do Estado-Xefe en Galicia, Consuelo Castro; o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde; o xeneral xefe da Zona da Garda Civil de Galicia, Miguel Ángel González; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Luís Germán Avilés; o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael Berguillo; o tenente coronel xefe accidental da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Óscar Grañas; o tenente coronel xefe interino do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia, Antonio Hidalgo; o comandante xefe da Compañía da Garda Civil de Santiago, Francisco Antonio Torres; a maxistrada Paz Filgueira e o académico da lingua e coordinador da actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, Manuel González.