Valentín García inaugura a Xornada do Día das Letras Galegas dedicada a Begoña Caamaño

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e Beatriz Caamaño, irmá de Begoña Caamaño, inauguraron hoxe a Xornada do Día das Letras Galegas dedicada a Begoña Caamaño, organizada pola Secretaría Xeral da Lingua en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 

Na sesión, dirixida a profesorado distintas voces analizaron a figura de Begoña Caamaño e ofreceron aplicacións e ferramentas didácticas para traballar a obra e o proxecto vital da escritora e xornalista homenaxeada. Tamén se presentaron os traballos gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2026, así como distintas experiencias, recursos e proxectos educativos impulsados desde o ensino arredor de Begoña Caamaño.

Imaxes relacionadas