Valentín García presenta a nova actividade Repunantas, do FalaRedes 2026

Vigo, 21 de abril de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou a nova actividade de dinamización lingüística Repunantas. As punkis da literatura galega. De María a Balteira a Begoña Caamaño, que chegará a sete concellos galegos no marco do FalaRedes 2026 e da man de Inma López Silva e Francisco Castro. A proposta, dirixida a público adulto, fará un percorrido musical polas voces femininas da nosa tradición literaria, desde as cantigas medievais ata a autora homenaxeada polas Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño. Poderase gozar, con entrada libre e de balde, en Padrón, Gondomar, Ourense, Narón, Burela, Mos e Vigo. Toda a información no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Imaxes relacionadas