Valentín García participa na presentación da obra As carrozas do San Cidre

Boqueixón (A Coruña), 9 de maio de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no evento de presentación do libro Carrozas do San Cidre. Costumes, agro e tradición, nun acto que se celebrou na Casa da Cultura de Camporrapado e no que participaron tamén o alcalde, Ovidio Rodeiro; o presidente da Asociación das Carrozas do San Cidre, Alejandro Pena, e o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo. A obra sae do prelo co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e recompila medio século de historia da primeira festa de exaltación dos labores do campo que se puxo en marcha en Compostela.

Imaxes relacionadas