Caldas de Reis (Pontevedra), 15 de maio de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na XII Festa da Lingua, organizada polos nove centros de ensino que integran a Coordinadora Comarcal Terras do Umia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. No encontro, que se celebrou na Tafona, participaron case 1200 escolares de primaria, secundaria e bacharelato, e preto de 120 profesores do CEIP Amor Ruibal, IES de Barro, CPI Domingo Fontán, CPI Plurilingüe Santa Lucía, CEIP Plurilingüe San Clemente, CPI Plurilingüe Alfonso VII, CPR Plurilingüe La Encarnación, CPR Plurilingüe San Fermín e IES Aquis Celenis. Na XII Festa da Lingua actuou un dos grupos máis populares do panorama musical galego: The Rapants.