Valentín García visita o XXIII Festival de Cans

O Porriño (Pontevedra), 19 de maio de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou hoxe o XXIII Festival de Cans, onde participou na inauguración da rúa Efémera Celso Bugallo, no Torreiro, acompañado de Alfonso Pato, director do festival, e do actor Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán". O responsable da Lingua mantivo un encontro co profesorado e o alumnado gañadores do Concurso Escolar Rec.Curta 2026 dos colexios Franciscanos de Lugo e Santa María de Tui, das Escolas Católicas de Galicia.

Imaxes relacionadas