Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e mais o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Jesús Manuel Álvarez Bértolo, participaron hoxe na rolda de prensa de presentación das obras finalistas do XXX Premio San Clemente, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Na categoría de novela en lingua galega compiten Mazarelos, de Manuel Portas (Galaxia); Punto de araña, de Nerea Pallares (Galaxia), e Ítaca, de María Besteiros (Xerais).