Xunta e Irmandade Xurídica conclúen as roldas de conversas do primeiro grande acordo a prol da promoción do galego nos corpos de seguridade do Estado

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2026.- A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral da Lingua, e mais a Irmandade Xurídica Galega concluíron as roldas de conversas mantidas coas forzas e corpos de seguridade e outras institucións públicas para acadar o primeiro grande acordo a prol da promoción do uso do galego neste ámbito. Logo das mantidas co Corpo Nacional de Policía e coa Garda Civil nos últimos meses, convocaron na de hoxe á Policía Autonómica, Axencia Tributaria, Servizo de Vixilancia Aduaneira, Imelga, Academia Galega de Seguridade Pública e Fegamp, á derradeira reunión.

Imaxes relacionadas