Valentín García participa no acto de Nomeamento dos novos xuíces honorarios do Couto Mixto

Calvos de Randín (Ourense), 5 de xullo de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrada do Arcón da Memoria e o recoñecemento ás persoas e entidades que preservan o patrimonio deste territorio único, que acolleu a Igrexa de Santiago de Rubiás organizado pola Asociación de Amigos e Amigas do Couto Mixto. Foron distinguidas nesta edición como xuíces e xuízas honorarios: a Asociación de Mulleres Rurais A Raia, de Baltar; o fotógrafo Xurxo Lobato; e Marco Franco Neves, recoñecendo a súa contribución á preservación, difusión e posta en valor do patrimonio histórico, cultural e lingüístico vinculado ao Couto Mixto. No acto tamén participou o presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices.

Imaxes relacionadas