Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na celebración da 47ª edición do Día do traxe Galego, organizada pola Asociación do Traxe Galego. No acto, que acolleu a praza da Quintana, o responsable da Lingua foi o encargado de entregar o 2º Premio da categoría de Traxe de Gala de Muller.