Fisterra (A Coruña), 27 de xullo de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este serán en Fisterra na presentación da obra Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela. Estudo histórico, análise e colección de documentos, da autoría de Manuel Canosa Trillo e editado co apoio da Xunta de Galicia. O volume reconstrúe, a partir de fontes documentais e cunha mirada crítica, a traxectoria dunha dignidade vizcondal a partir da figura de Lope Sánchez de Moscoso, no complexo contexto de tensións que definiu a segunda metade do s. XV en Galicia. No acto, que se celebrou no Salón de Actos, participaron canda o secretario xeral e mais o autor o alcalde, Luis Insua, e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés e Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento - Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).