O secretario xeral da Lingua participou no acto de presentación celebrado no Vello Cárcere de Lugo
Lugo, 3 de setembro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou a Alberto Alonso e a José Río na presentación da obra Entre néboa e devoción, que repasa a historia da igrexa de San Pedro de Cadoalla e da súa romaría (en Becerreá, tamén coñecida como o Mosteiro do Ecce Homo), construída na época baixomedieval. A edición conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.