Valentín García participa na entrega de premios do II Certame de Curtas Documentais Carlos Asorey

Vila de Cruces (Pontevedra), 17 de outubro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do II Certame de Curtas Documentais Carlos Asorey que recibiron Candela Conde (Premio do Xurado pola peza “A senda da deshabitaxe”) e Marcos Seijo (Premio do Público pola peza “A Penagache”). Así mesmo, o xurado concedeulle o Premio de Honra ao cineasta lalinense Daniel González Alén, pioneiro do cinema documental na comarca do Deza. O acto celebrouse na Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño, entidade convocante do galardón coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Imaxes relacionadas