O secretario xeral da Lingua presentou a iniciativa deportiva co responsable do Festival Go! Go! Zo! e coa delegada da Federación Galega de Baloncesto en Santiago
A Xunta fomenta o uso do galego no deporte co apoio ao Torneo 3x3 que se celebrará no Monte do Gozo
VolverValentín García destaca “o valor desta atractiva iniciativa que conxuga lingua, deporte, mocidade e tempo de lecer”
No encontro poderase gozar de das propostas Cantigaéverso e María Faltri Picadiscos dentro da programación do ‘CulturON’ que este verán enche Galicia
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2024
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no Monte do Gozo na presentación do Torneo 3x3, impulsado no marco do Festival Go! Go! Zo! e pola Federación Galega de Baloncesto, co apoio da Xunta de Galicia a través das Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e da Axencia de Turismo de Galicia.
O responsable da Lingua destacou na súa intervención “o valor desta atractiva e novidosa iniciativa” que conxuga lingua, deporte, mocidade e tempo de lecer a través de diferentes propostas. Entre elas, tal e como sinalou, están as que se inclúen dentro da programacion do CulturON da man de FalaRedes, a iniciativa da Xunta para promover e dinamizar o uso do galego”. Nesta liña, Valentín García animou a cidadanía, nomeadamente, ás familias con cativada, a achegarse ao Monte do Gozo durante a fin de semana.
Campionato e propostas lingüísticas e culturais para toda a familia
O campionato terá lugar este sábado 7 e domingo 8 de setembro a partir das 9,00 horas no Monte do Gozo e estenderase ata a noite. Á xornada sumaranse actividades para toda a familia con sesións DJ, Espazo FalaRedes, o Partido das Estrelas, inchables, concurso de triplas e sorteos. Deste xeito, o festival Go! Go! Zo! incorpora unha das novidades desta cuarta edición, o Torneo 3x3 da man da Federación Galega de Baloncesto, na que participarán preto de 300 persoas.
Cantigaéverso e María Faltri Picadiscos, da man do Espazo FalaRedes
Paralelamente ao campionato, a Pista 3x3 acollerá o Partido das Estrelas e un concurso de triplas e de habilidades. Ademais, a cativada poderá gozar tamén en espazos, como o escenario Xacobeo, con sesións DJ de música, no da Federación para resolver calquera dúbida co torneo, ou no Espazo FalaRedes, con animación, inchables e os concertos Cantigaéverso, sábado 7 ás 11,45 horas, e María Faltri Picadiscos, domingo 8 ás 12,45 horas.
Toda a información en www.gogozo.gal, e o regulamento e horarios do torneo en www.fegaba.com, así como nas súas redes sociais (@gogozofestival e @fegababaloncesto).