Os conselleiros de Cultura e Sanidade avanzan en propostas que favorezan o impulso do galego

Volver

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantiveron esta mañá un encontro para abordar medidas de impulso do galego no ámbito sanitario. Así, a reunión supuxo unha primeira toma de contacto no marco das iniciativas transversais que a Xunta de Galicia propón para dinamizar a lingua a través de distintos eidos.

Neste senso, cómpre lembrar que o Goberno autonómico deseñou un plan de 50  medidas destinadas a favorecer o uso do galego con accións que reforcen a súa presenza en moi diversos espazos, desde as plataformas dixitais ata os diferentes sectores profesionais ou eidos específicos da sociedade onde se atopan grupos de interese como son a mocidade ou a poboación chegada do exterior.

Departamento: Tema: