López Campos reúnese co arcebispo de Santiago para avanzar uso da lingua galega na Igrexa
VolverSantiago de Compostela, 7 de novembro de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo esta mañá un encontro co arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, para abordar distintos asuntos que teñen que ver coas súas competencias, entre eles cuestións relacionadas coa conservación do patrimonio e as posibles propostas para favorecer a presenza do galego na Igrexa.
Así, esta xuntanza marca tamén o inicio das reunións coas institucións que o Goberno autonómico considera importante involucrar no Pacto pola Lingua e que veñen completar as conversas mantidas cos grupos parlamentarios, que terán continuidade nos vindeiros días. O obxectivo é valorar todas as achegas para reforzar o uso da lingua en diferentes espazos e ámbitos da sociedade.