A Xunta e a Federación Galega de Automobilismo promoven o uso da lingua no ámbito deportivo
VolverSantiago de Compostela, 22 de novembro de 2024
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colaborará coa Federación Galega de Automobilismo para promover o uso do galego no ámbito deportivo mediante a divulgación da campaña Saca a lingua que levas dentro, posta en marcha pola Xunta desde o pasado mes de outubro.
O acordo co presidente da Federación, Antonio Rodríguez Troitiño, supón, apuntou o secretario xeral da Lingua, “unha oportunidade para consolidar e impulsar o uso do galego nun contexto de lecer que conta con milleiros de afeccionados, moi vinculado á mocidade e a un sector da poboación moi activo nas redes sociais”.
Actualmente, a Federación Galega de Automobilismo conta con máis de 2.400 licenzas entre deportistas, escuderías, xuíces e técnicos, e organiza os campionatos rexionais de rallyes, montaña, rallysprint, rallymix, karting, autocrós e slálom.