Valentín García salienta a importancia de promover o uso do galego no ámbito eclesiástico na presentación de ‘Coroas de santidade'

Volver

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación da obra Coroas de santidade, do autor Manoel Carrete Rivera, onde salientou a importancia de promover o uso da lingua galega no ámbito eclesiástico.

No acto celebrado no Pazo de San Roque, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agradeceu a importante achega que fixo o autor a través deste texto que recompila documentos e imaxes das coroacións das Virxes dos Remedios nas parroquias de Castro Caldelas, en Ourense, e de Santa María da Ermida, en Lugo. Ambas celebracións, tal e como se relatan no volume, contan coa particularidade de ter sido realizadas integramente en lingua galega. Ademais de Valentín García, na presentación tamén estivo o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, e o párroco da Ermida, Jesús Río Ramilo.

Departamento: Tema: