López Campos aborda a normalización do uso do galego co decano do Colexio Notarial de Galicia

Volver

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe un encontro co decano do Colexio Notarial de Galicia, José María Graíño, no marco dos contactos que está a ter o Executivo autonómico para fomentar e normalizar o uso do galego en distintos sectores profesionais, tanto a nivel interno como na súa relación coa cidadanía, co obxectivo de prestixiar o uso social do idioma.

Neste senso, relacionado cos procesos legais, cómpre lembrar que desde a Xunta xa se colabora co ámbito da xustiza coa posta en marcha de cursos de formación específicos para favorecer o uso da lingua galega entre o persoal deste eido. Así mesmo, tamén está dispoñible o portal Lex.gal, onde se atopa unha completa base de datos con toda a lexislación ditada pola Comunidade Autónoma galega, en galego e consolidada.

Departamento: Tema: Lingua