A Xunta apoia un ano máis os Premios Lois Peña novo que recoñecen o labor a prol da lingua

Volver

No acto participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, que agradeceu “o compromiso co galego das entidades que promoven accións como estes galardóns”

Ademais, felicitou aos premiados polo seu traballo no impulso do idioma no ámbito das administracións públicas

Soutomaior (Pontevedra), 3 de xullo de 2025

A Xunta volveu apoiar unha nova edición dos Premios Lois Peña Novo, galardóns que van pola súa vixésimo novena edición e que son concedidos anualmente pola fundación homónima co obxectivo de recoñecer o labor de persoas, entidades e empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas.

Así, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, que participou na entrega das distincións no castelo de Soutomaior, agradeceu o “compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura de entidades que como esta promoven e consolidan accións que son todo un referente como estes recoñecementos” á vez que felicitou aos premiados “por ter presente o galego e poñelo en valor, sendo exemplo de como se pode traballar polo seu uso e prestixio”.

Neste marco, tamén lembrou que o ámbito da Administración pública é un dos bloques temáticos nos que se incide no Pacto polo Lingua, co deseño de medidas específicas enfocadas neste sector como son cursos de linguaxe de especialidade para o seu persoal.

Os elixidos este ano polo xurado son a Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo; Esther Estévez, xornalista da TVG, e Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao.

Departamento: Tema: