López Campos destaca o “esforzo e dedicación da sociedade coa lingua” nos premios San Martiño

Volver

A Estrada (Pontevedra), 11 de novembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na Estrada no acto de entrega dos XXXV Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que unha vez máis, dixo, “recoñecen o esforzo e dedicación da sociedade a prol da lingua e cultura galegas”.

Así, o representante da Xunta gabou as “iniciativas xurdidas das administracións locais, que contribúen en boa maneira ao impulso do galego, colaborando así no seu prestixio coas medidas que desenvolvemos desde o Goberno autonómico”. Neste senso, sumouse a estes recoñecementos felicitando ao musicólogo Abraham Cupeiro, premiado no ámbito galego; ao programa de dinamización lingüística O Recuncho da Lingua, emitido por Radio Estrada, na categoría da comarca Tabeirós-Terra de Montes, e ao doutor estradense Ramiro Varela Cives, por unha vida dedicada á defensa do idioma. Todos eles, sinalou, “son exemplo do bo facer por unha lingua que é de todos e todas”.

Departamento: Tema: Lingua