López Campos asiste á obra ‘Hamlet’, que terá funcións no Salón Teatro ata o 3 de maio

Volver

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presenciou hoxe no Salón Teatro a obra Hamlet, espectáculo do Centro Dramático Galego con dirección de Tito Asorey que se estreou onte, e na que o representante do Goberno autonómico xa tivera a oportunidade de mergullarse coa súa visita hai uns días aos ensaios da peza. 

Así,  o titular de Cultura volveu poñer en valor o traballo da unidade teatral da Xunta, que desta vez asume unha versión galega e actualizada do clásico de Shakespeare, nunha montaxe de gran formato que conta cun elenco de 16 actores e actrices. Neste senso, cómpre lembrar que as funcións terán lugar de mércores a domingo ata o tres de maio.

Departamento: Tema: