López Campos gaba a Alfredo Conde polo “seu compromiso coa cultura” nos Premios José Luis Alvite
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na entrega do Premio José Luis Alvite, co que a Asociación de Periodistas de Galicia recoñeceu este ano o labor de Alfredo Conde, “unha persoa comprometida coa nosa terra, coa nosa cultura e a nosa lingua, como demostra tanto na súa vida profesional como persoal “, apuntou o representante da Xunta.
Así, o titular de Cultura lembrou que se trata dun profesional que “xa foi merecedor, entre outras distincións, da Medalla Castelao”, felicitándoo, xusto ás portas da celebración das Letras Galegas, por “ser un excelente e rigoroso narrador que atesoura unha gran calidade literaria e xornalística, e que nos fai medrar como sociedade e no que atopamos un bo referente da Galicia Calidade”.
Departamento: C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Tema: Cultura, Lingua