A delegación da Xunta en Lugo acolle ata o 30 de xuño a exposición ‘Tinta e compromiso’, adicada a mulleres xornalistas galegas

Lugo, 15 de xuño de 2026

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata o 30 de xuño a exposición Tinta e compromiso, enmarcada na celebración das Letras Galegas 2026, que repasa a traxectoria de Begoña Caamaño e doutras figuras galegas – 19 mulleres e dous homes- destacadas pola súa actividade xornalística e literaria.

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou na inauguración, á que asistiron tamén alumnos e alumnas dos colexios lucenses Maristas, María Auxiliadora e A Milagrosa.

Trátase dunha mostra itinerante composta por 21 paneis elaborados por estudantes de ESO e BAC de distintas escolas católicas da provincia da Coruña, ao abeiro dun convenio coa Secretaría Xeral da Lingua para fomentar o uso do galego nos centros educativos.

O obxectivo é darlles visibilidade ao labor destas mulleres, entre as que figuran as lucenses Margarita Ledo, Julia Otero e María Reimóndez, e poñer en valor o seu traballo como xornalistas e autoras e o seu papel na defensa da igualdade e a xustiza social.

Imaxes relacionadas

Departamento: C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Tema: Lingua