López Campos agradece o apoio mostrado polo Consello da Cultura Galega para a seguinte etapa de diálogo que se abre co Plan da lingua

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, agradeceu hoxe o clima amable do Consello da Cultura Galega, “unha entidade que tivo un peso moi importante”, dixo, na actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, e que quedou patente na entrega hoxe do documento á presidenta da entidade, Dolores Vilavedra.

Nesta liña, tras recibir os parabéns por parte da representante da institución, que tamén mostrou o seu apoio para a seguinte etapa de diálogo que se abre agora, López Campos destacou a capacidade que este proceso tivo para “poñer o idioma por enriba doutros debates que non favorecen á lingua”, mencionando como exemplo as numerosas achegas do Consello da Cultura Galega que están incluídas na proposta, ratificadas por Vilavedra. Ao respecto lembrou que o resultado “é un documento estratéxico froito dun traballo intenso que recolle moitas achegas de entidades, axentes e sociedade en xeral” e que é a base, engadiu, “para negociar e desenvolver as políticas de lingua”. Deste xeito, ambos os dous coincidiron en sinalar que se trata dunha proposta “seria e viable”.

Imaxes relacionadas

Departamento: C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Tema: Lingua