A Xunta colabora na terceira edición do premio Fina Casalderrey para promover unha literatura galega non sexista

Volver

O secretario xeral de Política Lingüística e a escritora presentaron hoxe a nova edición que conta cun premio de 2.500€

A obra gañadora darase a coñecer no mes de xuño e será publicada por Baía Edicións
 

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no salón de actos do Pazo de San Roque na presentación do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Durante a presentación, na que tamén participou Belén Lopez e a escritoria Final Casalderrey, o representante autonómico explicou que o Goberno galego apoia esta iniciativa co fin de promover entre as novas xeracións “a igualdade de xénero e a lectura en galego, pero tamén para contribuír a que a lingua propia de Galicia siga acompañando sempre os valores máis democráticos e máis positivos da sociedade”.

Neste sentido, Valentín García fixo tamén referencia a Fina Casalderrey, autora que lle dá nome ao premio, e á súa traxectoria “sempre comprometida con estas tres cousas: a literatura infantil e xuvenil, a lingua galega e os valores de igualdade"

Prazo ata o 8 de marzo

Os autores e autoras que queiran participar neste certame terán ata o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para presentar orixinais escritos en galego de non máis de 5.000 caracteres que atendan ao concepto de literatura infantil, non sexista e coeducativa e que introduzan elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.

A resolución do xurado darase a coñecer o 1 de xuño de 2021 e a obra gañadora, que será publicada por Baía Edicións, recibirá 2.500€.
 

Departamento: C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Tema: Lingua, Cultura