Valentín García participa no acto de entrega de premios do Rally Científico Matemático

Volver

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no acto de entrega de premios do Rally Científico Matemático 2020 e 2021, iniciativa promovida pola Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) coa colaboración da Xunta de Galicia. Canda el estiveron Manuel Díaz Regueiro e Inés Ben González, presidente e secretaria de Igaciencia, e mais M.ª del Pilar Bermejo Barrera e Pedro Rodríguez Dafonte, decana e vicedecano da Facultade de Químicas da Universidade de Santiago, respectivamente,

Recibiron os premios os equipos IES Universidade Laboral de Ourense, Colexio Plurilingüe Abrente de Sanxenxo, o IES N.º 1 do Carballiño, o IES Pobra do Caramiñal, o IES Xermán Anconchea de Trives, o IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense, o Colexio Sagrado Corazón Placeres de Pontevedra, o CPR San Fermín de Caldas de Reis, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, o IES Blanco Amor de Ourense, o Colexio Concepción Arena de Ourense e o IES Ribeira do Louro do Porriño.
 

Departamento: C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Tema: Cultura, Lingua