A delegada da Xunta en Ferrol pon en valor accións como o Laboratorio de Apoderamento Lingüístico de Ferrolterra á hora de fornecer o uso do galego

Volver

Ferrol, 11 de abril de 2022

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, abriu esta mañá a sesión de prototipado do Laboratorio de Apoderamento Lingüístico de Ferrolterra deseñado pola cooperativa Rexenerando ao abeiro do programa TeCe Redes en galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

A sesión, que tivo lugar no Antigo Hospicio, contou coa participación dunha vintena de alumnos de Bacharelato dos IES Carvalho Calero, Concepción Arenal e Sofía Casanova, de Ferrol. Nela, a delegada territorial puxo en valor accións como esta de cara a fomentar o uso do idioma galego entre os máis mozos e “garantir a boa saúde da nosa lingua”.

 

O programa TeCe Redes en galego da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é un repositorio de proxectos dixitais e servizos esenciais creado co fin de fornecer un programa de dinamización lingüística e de transmisión xeracional dirixido ao público infantil e xuvenil, nas diversas interaccións verbais e escritas da súa vida cotiá e coas súas familias.

Departamento: Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza Tema: Lingua, Cultura, Educación