A Casa de Galicia en Madrid acolle cursos de lingua e cultura galega

Volver

Madrid, 10 de outubro de 2023 O director da Casa de Galicia en Madrid , Javier Vázquez, participou no acto de inauguración da II edición dos cursos de lingua e cultura galega que organizan a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral de Presidencia en colaboración coa Casa de Galicia, e que consta de 70 horas. Desenvolverase ata o próximo mes de xuño.

Vázquez Prado deulle a benvida en nome da Xunta aos máis de vinte alumnos aos que trasladou a importancia que posúe a proxección exterior da lingua e da cultura galega para o Goberno de Galicia. O director incidiu tamén no interese de seguir mantendo o contacto cos alumnos ao finalizar o curso e na conveniencia de seguir realizando as súas achegas á lingua galega desde os respectivos campos do saber.

Ata finais de xuño, os alumnos participarán en clases teóricas e prácticas de lingua e literatura co obxectivo de que lles permita ter unha visión o máis completa posible da cultura e da sociedade galega de hoxe.

 

Departamento: A Presidencia da Xunta, C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Tema: Lingua