A xornada II Xornada de novas investigacións en lingua galega reunirá investigadoras e investigadores de diferentes universidades e centros arredor de traballos recentes vinculados á lingua, á cultura e aos estudos galegos.
Programa
15:30 | Benvida
15:45 | Víctor Bargiela Universidad Nacional de Educación a Distancia: A fonoloxía prosódica da lingua galega: primeira descrición dende o Barbanza
16:00 | Leticia Santín Gallego Universidad Nacional de Educación a Distancia: Variantes en contacto: distribución e hibridación lingüística no Bierzo
16:15 | Iván Arias-Arias Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela: Onde acaba a composicionalidade? Mouse-tracking e anotación semántica de unidades multipalabra
16:30 | Coloquio
16:45 | Rebeca Castiñeiras Varela Universidade da Coruña: A Galiza nos muros: arte urbana e identidade cultural
17:00 | Pedro Basalo Bembibre Centro de Estudos Galegos, Università di Padova: A investigación do Entrudio de Viana do Bolo: premisas, obxectivos, resultados parciais
17:15 | Coloquio
17:30 | María Vila Tarela Laboratorio de Cognición e Linguaxe, Universidade de Vigo: Alteracións da fala no espectro da esquizofrenia: que ocorre co galego?
17:45 | Estela Fidalgo-Garra Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela: Ambigüidade, humor e (des)cortesía no piropo galego
18:00 | Alicia Sentí Janssen Instituto de Investigación Lingua, Universidade de Vigo: A alternancia de código (galego/castelán) como recurso discursivo na recreación de voces
18:15 | Coloquio
18:30 | Despedida
O encontro celebrarase en formato virtual a través de MS Teams e tamén poderá seguirse de maneira presencial desde a aula 111 do IÜD.